19 noviembre 2008

Accidente en Meis : duas mulleres feridas

PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de 11 accidentes de tráfico e outras 157 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 157 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 315 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 11:22 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente de tráfico no concello de MEIS, na poboación de Mosteiro. Para atender as vítimas, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial, que logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a dúas mulleres, P.B.F., de 26 e R.F.S., de 60 anos con diversos traumatismos a un centro sanitario concertado de Pontevedra.