SALVATERRA (MORRAZO-tribuna).- O BNG de Salvaterra solicitou o pasado 17 de outubro un espazo no parque da Canuda para ubicar o Camión da Exposición Transformando Galiza, exposición itinerante que está a percorrer toda Galiza para mostrar un resumo das iniciativas levadas a cabo polo BNG dende a Xunta.
Dende o 17 de outubro a cinco días do acto, o alcalde Arturo Grandal, nega a utilizacion dun espazo público, cando o BNG xa tiña o acto totalmente organizado..
O BNG de Salvaterra, calificou de prepotencia a actitude do Alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, negándose a que o BNG ubique o vindeiro domingo 9 de novembro a Exposición Transformando Galiza.
Segundo o BNG lamentamos a actitude de Grandal, que sen xustificación real e convincente, nega o uso dun espazo público para ubicar unha exposición. Grandal actúa como se o Parque da Canuda fose da súa propiedade, cando é un espazo público que ten que estar a disposición dos veciños/as de Salvaterra, das organizacións sociais, culturais e políticas para que poidan disfrutar e organizar os seus actos, afirman os nacionalistas.