06 noviembre 2008

Ponteareas é un dos concellos con maior investimento do Plan de Infraestructuras de Medio Rural no período 2005-2009


PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna).- O BNG destaca que Medio Rural investirá 130.000 euros na pista de Duca a Outeiro en Santiago de Oliveira
O BNG de Ponteareas, a través do seu portavoz municipal Bolívar González amosou a súa satisfacción pola adxudicación, por parte da Consellaría do Medio Rural, das obras de mellora da pista de Duca e Outeiro, que beneficia dirctamente a decenas de veciños e veciñas da parroquia de Santiago de Oliveira.
As obras, que se incluen dentro do Programa Estratéxico de Infraestructuras no Medio Rural (PEIM), da Consellaría do Medio Rural, foron adxudicadas en 130.174´71 euros a empresa Construcciónes, Obras e Viales S.A.
Os nacionalistas recordan, que estas obras de infraestructuras rurais, son financiadas na sua totalidade pola Consellaría, o Concello únicamente ten que poñer os terreos da pista a disposición da Consellaría. Bolívar González destacou que “estas obras permiten mellorar as infraestruturas de acceso a máis dunha decena de vivendas, que coas chuvias faciase intransitabel”.
Os nacionalistas engaden que Ponteareas vai ser o concello da provincia con maior investimento no Plan de Infraestructuras no Medio Rural do cuatrienio 2005-2009.