02 diciembre 2008

Louzán entrega el Premio Provincial de Cultura a la Casa do Patrón, en Lalín

LALIN / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o vicepresidente e alcalde de Lalín, Xosé Crespo, e o deputado delegado de Cultura, José Juan Durán, achegáronse esta mañá ata as instalacións do Museo Etnográfico Casa do Patrón de Lalín para facer entregar dos 9.000 euros cos que acaba de ser galardoado este museo na primeira convocatoria dos Premios á Cultura promovidos pola institución provincial.
O vicepresidente e alcalde de Lalín, Xosé Crespo, afirmou que se trata dun premio merecido porque entende “o turismo pode ser o terceiro puntal económico de Lalín e para que isto sexa unha realidade iniciativas como a Casa do Patrón xogan un papel moi importante”.
O titular da Deputación, pola súa banda puxo de relevo a implicación dos veciños na posta en marcha deste proxecto que permitirá que as xeracións vindeiras poidan coñecer as súas raíces a través do importante traballo de recopilación, restauración, exposición e divulgación das tradicións da cultura do pobo galego”.
Finalmente, o presidente da Asociación Museo Casa do Patrón, Manuel Blanco manifestou a súa satisfacción non tanto pola percepción dunha contía económica, necesaria para o mantemento das instalacións, senón “polo prestixio que supón a recepción deste galardón e polo recoñecemento do noso intenso traballo, dedicación, e sacrificio ó longo de 12 anos de traxectoria”.
Manuel Blanco comentou que a entidade cultural seguirá traballando intensamente e avanzou que entre os seus obxectivos futuros pretenden solicitar o respaldo da Consellería de Cultura para formar parte da rede de Ecomuseos de España.
Esta entidade, que aglutina actualmente a 700 socios, ven desenvolvendo desde hai 12 anos un importante labor de recuperación da cultura e a etnografía galega, así como a promoción do turismo rural neste municipio. Conta con tres edificios nos que se distribúen 14 salas de exposición permanente de máis de 3.000 pezas, procedentes de toda Galicia.
A Casa do Patrón de Doade logrou un dos catro galardóns na primeira convocatoria por parte da Deputación dos Premios Provinciais á Cultura, convocados para recoñecer a labor de asociacións, fundacións, concellos ou mancomunidades comprometidas co patrimonio cultural. Cada categoría estaba dotada con 9.000 euros.
No apartado de proxecto cultural más innovador foi onde se recoñeceu o traballo do museo etnográfico lalinense de Codeseda. Os restantes premiados foron a asociación Dúos Pontes de Pontevedra pola súa traxectoria cultural; a Mancomunidade do Salnés pola recuperación de patrimonio público; e a coral Casablanca de Vigo.