02 diciembre 2008

17 comercios da comarca do Morrazo recibiron en Compostela o selo de calidade do Comercio Galego

CANGAS / MOAÑA / BUEU (MORRAZO-tribuna) .- O pasado domingo 30 de Novembro tivo lugar no Hotel Monumento de Santiago o acto de entrega do Selo de Calidade do Comercio Galego. Dende a comarca do Morrazo desplazáronse representantes dos 17 establecementos galardoados, que foron recibidos ás 11:30 da mañá cun agradecido café de benvida.
Os establecementos galardoados foron os seguintes:
Nome comercial / Localidade
Enseres de casa Bueu
Eugenio Blanco Ópticos Bueu
Librería Abrente Bueu
Librería Miranda Bueu
Noutrora Bueu
Óptica Bueu Bueu
Oxford Boutique Bueu
Popelín Telas Bueu
Andes Electrodomésticos Cangas
Carmen Gil “Creación Nupcial” Cangas
Chiqui Decoración Cangas
Evitaypunto Cangas
Ica Cangas
Joyería Hema Cangas
Mobel Andes Cangas
Trébol Dasilva Floristas Cangas
Comercial Otero Moaña
Este acto foi presidido polo Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Javier Blanco e a Directora Xeral de Comercio Ana María Rúa, acompañados da Delegada Provincial, Monserrat Prado.
O Conselleiro destacou un incremento dun 20% de solicitudes con respecto ó ano anterior, acadando o selo finalmente 270 novos establecementos, co cal Galicia conta actualmente con 900 comercios galardoados.
Fernando Blanco reiterou que o selo de calidade constitúe unha mellora da imaxe e competitividade do comercio retallista, e que fomenta valores engadidos como elementos diferenciadores do sector, o que considerou clave nun mercado cada día ‘máis competitivo’.
O titular da Consellería manifestou que o fomento do uso das novas tecnoloxías, a incentivación de Centros Comerciais Abertos, o acondicionamento de espazos urbáns comerciais, ou o apoio á formación de comerciantes ‘son algunhas das accións estratéxicas apoiadas pola Consellería’.
Por último, anunciou que no tocante ás cuestións directas de promoción e animación comercial os recursos destinados a este fin ascenderán ós 28,4 millóns en axudas ó pequeno comercio o próximo ano, entre as que haberá unha liña para as reformas dos establecementos e a adquisición de equipamento e mobiliario.
Tralo acto os galardoados do Morrazo e os demais premiados adheridos á Federación Foro Galego do Comercio tiveron a oportunidade de realizar unha fotografía familiar co Conselleiro de Industria, a Directora Xeral de Comercio e a Delegada Provincial como recordo deste día tan importante. Finalmente todos os asistentes puideron degustar un viño galego e un ágape da man
da Consellería.