VIGO (MORRAZO-tribuna) .- No día de hoxe as traballadoras da UCI do Hospital Xeral-Cíes e delegados de CC.OO concentráronse na entrada principal do Hospital e posteriormente diante dos despachos da Dirección, demandando o incremento de plantilla necesario para poder traballar en condicións.
CC.OO. non entende a actitude desta Xerencia que "malgasta os cartos públicos en peonadas e concertos con centros sanitarios privados sen rendir contas deste gasto e négase ao incremento de plantilla demandada polos traballadores".
CC.OO. vai seguir reivindicando un incremento entre 6 e 8 Enfermeiras para asumir o incremento das cargas de traballo que se deron nos últimos anos na UCI debidas entre outros aspectos á realización de novas técnicas.
CC.OO. ten concertada unha reunión coa Delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares o mércores 27 ás 12 horas para tratar este e outros problemas da área sanitaria. Para CC.OO. a reunión debe servir para saber se hai vontade de acordo ou polo contrario se o conflicto continuará e se intensificará.