VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiráse mañá martes, día 26 de maio, ao Ministro de Fomento, José Blanco, para demandarlle un “calendario críbel para o AVE galego que vaia acompañado das previsións orzamentarias que o fagan posíbel”.
O Ministro de Fomento comparecerá mañá ás 10.00 horas na Cámara Baixa. Jorquera xa solicitara a súa comparecencia o pasado 17 de abril para que acudise á sede parlamentar a explicar as previsións respeito ás principais infraestruturas a executar na Galiza.
Nese sentido, o deputado nacionalista aproveitará a comparecencia de José Blanco para trasladarlle unha serie de cuestións sobre as infraestruturas máis importantes a desenvolver no territorio galego.