PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A sala de exposicións temporais do novo edificio do Museo de Pontevedra acollerá, a partir das 20 horas do vindeiro venres, 29 de maio, a mostra “Ruibal 1966/2008”, na que se condensa, a través de máis de cen obras, a traxectoria artística de Manolo Ruibal desde o seu inicio, con temas de figura e paisaxe abordados desde a reinterpretación do colorido fauvista, ata a abstracción y la simplificación de liñas e cores á que chega nas súas últimas obras.
Nese largo percorrido, a produción do artista atravesa por diferentes estilos, coma o informalismo ou o grafismo esquemático, transcribe o impacto que a natureza ou o espazo urbano exercen nel e experimenta con soportes non tradicionais da pintura, coma obxectos atopados: pedras graníticas e cantos rodados.
A experiencia do soporte pétreo desemboca nos enormes monolitos que evocan ós menhires. Un destes, “Negral” (2003), estará instalado no exterior do edificio coma exemplo da interese do artista por intervir no espazo.
A atracción de Ruibal pola obra volumétrica non se reduce á súa última etapa, polo que a exposición mostrará tamén as súas esculturas de bronce dos anos oitenta, pezas verticais de foamboad coas que transgrede o concepto de pintura e escultura, e bocetos da súa obra monumental.
A exposición, que recolle obras de coleccións particulares, institucións públicas e da colección do artista, conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e ten sido organizada baixo o comisariado de Tomás Paredes, estará aberta hasta el día 5 de xullo.