25 mayo 2009

La Xunta advierte a Fomento que no justifique retrasos en el AVE en un informe ambiental que no es preciso

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Galicia comunicou ao Ministerio de Fomento que non considera necesario a realización dun novo informe de impacto ambiental, xa que os cambios introducidos nas obras do AVE Lubián- Ourense, concretamente no subtramo Cerdelo-Porto, son escasos, sempre e cando se respecten as liñas no proxecto e as medidas protectoras e correctoras.

O Ministerio de Fomento, a través da Dirección General de Ferrocarriles, presentou ao Goberno galego o Proxecto de acceso ferroviario en Alta Velocidade a Galicia. Tramo: Lubián-Ourense, no que solicitan a coñecer se as actuacións previstas neste traxecto poden causar impactos ambientais significativos, tendo en conta as actuais medidas preventivas e correctoras.

A modificación proposta implica un aumento na lonxitude dos túneles e, en consecuencia, a diminución de viadutos, pero que en ningún caso supera a franxa de afección avaliada no estudio informativo que facía referencia ao subtramo Cerdelo-Riobó (treito do AVE que discorre polos núcleos municipais de Laza e Vilar de Barrio e que abarca dende o punto quilométrico 15,550 ata o 34). Polo tanto, o corredor proposto en superficie, e analizado pola Consellería de Medio Ambiente, coincide sensiblemente co aprobado no estudio informativo.

Así, o departamento que dirixe Agustín Hernández conclúe que os cambios no proxecto non fan necesario a realización dun novo informe.