VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, anunciou hoxe que esta mesma semana se celebrará unha reunión cos patróns maiores das confrarías, os presidentes das agrupacións de percebeiros da Costa da Morte e cos responsables do servizo de inspección e vixilancia, para coordinar todos os medios materiais e humanos, e reforzar estes traballos, co fin de atallar as prácticas furtivas que se veñen producindo nos últimos meses.
A titular da consellería do Mar, que visito a confraría de Corme, escoitou as demandas dos percebeiros e mariscadoras da zona, e animou ao patrón maior, Manuel Cousillas, a que continúe á fronte da Confraría, despois de que o venres anunciase a súa dimensión, polos danos que recibiu no seu vehículo.
Os percebeiros solicitaron a Rosa Quíntana que active algún mecanismo que poida resarcir aos profesionais dos danos que sofren de mans dos furtivos. Neste sentido, Manuel Cousillas apuntou que sería conveniente contar cun seguro que cubrise os danos e desperfectos que ás veces sofren patróns e presidentes das agrupacións de percebeiros, por tratar de perseguir as prácticas dos furtivos.
A conselleira comprometeuse a estudar esta posibilidade e a intensificar o control e a vixilancia, non só nos bancos percebeiros, senón tamén na cadea de comercialización, para evitar que esa mercancía atope unha saída no mercado. Para iso, sinalou, pediremos a colaboración da Policía Autonómica e da Garda Civil.
A titular de asuntos pesqueiros e marisqueiros da Xunta pediu a Manuel que reconsiderase a súa postura sobre a dimisión, e anúnciolle que desde a Xunta, prestarase ao sector todo o apoio que sexa posible, para recuperar a situación de normalidade que había fai uns anos.
Tamén el alcalde de Ponteceso, José Luís Fondo, saliento a boa conexión e sintonía coa confraría e a colaboración que existe co seu integrantes, e animo a Cousillas a que seguise á fronte do posito. Na mesma liña manifestáronse outros patróns maiores da Costa da Morte e mariscadoras da zona, que acudiron á reunión coa conselleira.
A conselleira anuncio que extremar e intensificar a vixilancia e estudar a posibilidade de activar un mecanismo que permita repoñer os desperfectos e danos ocasionados en bens de patróns e presidentes de agrupacións serán medidas que se adoptarán a curto prazo, pero non esqueceu outra das peticións formuladas polo sector, como o de que se endurezan as sancións aos furtivos.
Rosa Quíntana sinalou, neste sentido, que aínda que trátase dunha medida a longo prazo, pronto iniciaranse os trámites necesarios para tratar de que estas accións sexan tipificadas como delito ecolóxico.
Ao termino do encontro a conselleira, acompañada das mariscadoras, de distintos patróns maiores de confrarías da Costa da Morte e do alcalde visitaron o banco percebeiro de O Roncudo, onde puideron comprobar o bo tamaño dos percebes, froito dunha vixilancia intensiva por parte dos membros da confraría e dos vixiantes de que dispoñen.