24 mayo 2009

Ponteareas : BNG quere que a Xunta garanta as inversións previstas polo anterior goberno autonómico

PONTEAREAS (MORRAZO-tribuna) .-O Pleno do Concello de Ponteareas celebrará o vindeiro 28 de maio, ás nove da mañá, sesión extraordinaria solicitada polos seis concelleiros do Grupo Municipal do BNG. Os edís nacionalistas propoñen que o Pleno demande da Xunta de Galiza, o mantemento dos compromisos adquiridos con Ponteareas, polo anterior Goberno Galego. “Esperamos que o PP apoie co seu voto a continuidade destes investimentos prioritarios para Ponteareas”, declarou Bolívar González, Portavoz Municipal do BNG. “Deste xeito os veciños terían clara a postura do PP sobre estas actuacións”, manifestou González. Recentemente distintos membros do PP e do novo goberno teñense manifestado no sentido de paralizar ou anular investimentos coma o plan de vivenda protexida.

O BNG formula propostas de acordo sobre distintas iniciativas comprometidas con Ponteareas e postas en marcha polos nacionalistas dende as Consellarías baixo a sua responsabilidade no anterior goberno da Xunta;
Parque Empresarial
1.1.- Instar a Xunta de Galiza a manter as previsións de execución do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial Val do Tea.
1.2.- Instar a Xunta de Galiza a iniciar a adquisición dos terreos, nos vindeiros catro meses, unha vez resolta a tramitación actual dos proxectos sectorial e medioambiental
Plan de Vivenda Protexida
2.1.- Instar a Xunta de Galiza a manter a execución prevista pola Consellaría de Vivenda e Solo do Proxecto Sectorial de Vivenda Protexida en Ponteareas, denominado “Paseo Matutino”
Sede da Fundación Rogelio Groba
3.1.- Solictar o cumprimento dos compromisos adquiridos coa Fundación Rogelio Groba por parte da Consellaría de Vivenda e Solo para a cesión dunha planta dun edificio a rehabilitar na rúa Santa Ana, para sede da citada Fundación.
3.2.- Instar a Consellaría de Cultura a cumprir o convenio suscrito coa Fundación Rogelio Groba para a dixitalización da obra dun dos compositores máis importantes da historia de Galiza
Plan de Infraestructuras do Medio Rural
4.1.- Instar a Consellaría de Medio Rural, a manter o mismo nivel de investimento en Ponteareas, coma no período 2005-2009, con cargo ao Plan de Infraestructuras.
4.2.- Reiterar os acordos de plenarios sobre as obras a realizar con cargo aos Plans de Infraestructuras do Medio Rural do período 2009-2010, en concreto os acordos sobre a recuperación do Regadío da Poza das Maceiras en Critiñade, e a primeira fase do saneamento na parroquia de Arcos.
4.3. Solicitar realizar con cargo ao Plan de Infraestructuras do Medio Rural un depóstio de auga para unha traída de uso doméstico na parroquia de Ribadetea en base a petición que os veciños xa trasladaron a Consellaría
Apoio ao Corpus
5.1.- Instar a Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galiza a manter o compromiso de apoio á festividade do Corpus e en concreto; financiando a celebración en Ponteareas do Congreso Internacional de Localidades Alfombristas.
Locais de Ensaio
6.1.- Instar a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galiza a manter o seu compromiso co Concello de construción de Locais de Ensaio en Ponteareas tan pronto o concello poña a sua disposición os espazos necesarios.
6.2.- Intar ao Alcalde e ao concelleiro de Xuventude a poñer a disposición da Xunta os espazos precisos para a construción de Locais de Ensaio.