25 mayo 2009

El Bloque quiere la investigación a fondo del ERE de Leche Pascual

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .-Os parlamentares do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila e Francisco Jorquera, rexistraron hoxe unha iniciativa parlamentar na que peden ao Goberno que investigue a fondo o ERE presentado por Pascual para a planta de transformación láctea de Outeiro de Rei (Lugo).

ERE motivado por unha operación mercantil libre de cargas laborais

Preguntan ao Goberno se está disposto a “investigar se dito ERE obedece unicamente a unha operación mercantil de Pascual para vendela planta libre de cargas laborais”. Nese sentido, aluden a diversas informacións que sinalan que “a presentación do ERE está motivado por unha operación mercantil de venda da planta pola que a empresa intenta obter unhas condicións máis vantaxosas, evitando unha sucesión de empresa que legalmente conleva a subrogación da plantilla”.

Para os parlamentares do BNG, “estes feitos probarían que o interese da empresa non é outro que vender a planta libre de cargas laborais, circunstancia que debe motivar unha actuación decidida do Goberno”.

A mesma Vicepresidente dixo que non está xustificado

Incluso lembran que a propia Vicepresidenta Primeira do Goberno afirmou nun acto en Lugo esta fin de semana que o ERE de Pascual non estaba xustificado.

Razón pola que preguntan ao Executivo “cal é a súa posición ao respeito e, en consonancia co expresado por Teresa Fernández de la Vega, comparte o Goberno que o ERE non está xustificado? Nese caso, estaría disposto a desautorizalo?”.

Davila e Jorquera consideran que o ERE de Pascual está rodeado dunha serie de interrogantes que é importante despexar “sobre todo, cando se presentou de xeito inesperado, cando no ano 2008 esta planta daba beneficios, e incluso cando se acometeron melloras laborais no pasado mes de febreiro”.