25 mayo 2009

Olaia Fernández pide que aprovechen la oportunidad que la nueva estación de Guixar puede dar al tren de cercanías

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pede a Fomento que contemple a construcción dun acceso viario desde a AP-9 á estación ferroviaria de Guixar (Vigo) porque é “necesario dadas as previsións de grande volume de tráfico que se vai producir unha vez que entre en funcionamento”.

Olaia Fernández Davila sinala que as informacións indican que esta nova estación de tren non conta no seu proxecto de obra cunha planificación de accesos viarios dacorde coas necesidades de tráfico que se van xenerar.

Ademáis, a deputada do BNG pregunta ao Ministerio se esta estación provisional, que substituirá a estación de Urzaiz mentras se realizan as obras do Eixo Atlántico, vai contar con dupla vía desde Redondela a fin de garantir que os trens de longo percorrido cheguen a Vigo.

Aproveitar a estación de Guixar para servizos de cercanías

Outra das cuestións que Davila pón enriba da mesa é a relativa á necesidade de implantar servizos ferroviarios de cercanías aproveitando a estación de Guixar. Nesa liña, a deputada do BNG afirma que “moitas veces se puxo de manifesto a necesidade de dotar de cercanías a esta área que conta con moita poboación. Especialmente o Eixe Porriño-Vigo-Redondela-Pontevedra”. “Non cre que se trata dunha infraestrutura axeitada para un servizo de cercanías?”.

Precisamente, esa é a razón pola que reivindica que esta estación poida destinarse no futuro a servizos deste tipo.