25 mayo 2009

A la Xunta la viene bien
que el Estado vigile Leche Pascual

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Xunta de Galicia amosa a súa satisfacción polo compromiso adquirido onte pola vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, de mediar no expediente de regulación de emprego (ERE) de Leite Pascual en Outeiro de Rei para que o Ministerio de Traballo vixíe a súa tramitación.

O Goberno galego valora este anuncio de xeito positivo, dada a preocupante situación na que este expediente deixa a 155 traballadores e as súas familias na planta luguesa. O departamento autonómico xa garantiu que será rigoroso coa tramitación de todos os ERE abertos na nosa comunidade, e por ese motivo, agarda que o Goberno central analice con atención o cumprimento da normativa neste expediente, dado que será o departamento dirixido por Celestino Corbacho quen deberá resolvelo.

A empresa leiteira ten previsto levar a cabo un ERE tanto na súa factoría de Outeiro de Rei, en Lugo, como na de Aranda de Duero (Burgos). O feito de que sexa un expediente que afecta a dúas comunidades autónomas fai que neste caso sexa o Ministerio de Traballo o que ten as competencias na tramitación do expediente, ao que a Consellería de Traballo achegará todos os informes que lle sexan solicitados pola Administración central respecto á planta lucense.