VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras está a axilizar os trámites administrativos que deixou sen facer o Goberno bipartito na anterior Lexislatura nas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia en Vigo. Trátase de 384 vivendas de promoción pública, construídas en dous edificios, en solo cedido polo Concello e urbanizado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo.
Segundo os datos recollidos pola actual Administración, a última Xunta Cualificadora de Vivenda, presidida polo delegado da Consellería de Vivenda en Pontevedra, Eudosio Álvarez, reuniuse o pasado día 6 de abril de 2009, tempo antes da toma de posesión do novo Executivo, presidido por Alberto Núñez Feijoo. Así as cousas, o presidente da xunta Cualificadora expón que “estando previsto o remate da edificación para fináis de ano” debe celebrarse unha nova sesión no mes de maio con obxecto de fixar a data do sorteo.
Na actualidade, estanse a rematar os últimos traballos administrativos previos ao inicio do procedemento de adjudicación, que consisten en determinar se as vivendas dun dos edificios se van adxudicar exclusivamente en réxime de alugueiro ou se abre a posibilidade de adxudicación en réxime de propiedade, en función dos ingresos segundo establece a normativa que di que so os adxudicatarios con ingresos superiores a 1,5 veces o Iprem poden acceder á adxudicación en propiedade. O segundo edificio adxudicarase exclusivamente en alugueiro.
Tamén se está a determinar o número exacto de vivendas que entrarán no sorteo, unha vez que se fixen o número de vivendas que se cederán ao Concello e as destinadas a realoxos, que se restarán do total.
Estos traballos están reflectidos na devandita acta da Xunta Cualificadora de Vivenda do 6 de abril.