01 octubre 2009

Allá donde se lo pidan : ayuden a Jessica

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O pasado sábado, 26 de setembro, con motivo da celebracion da Romaría Popular na localidade pontevedresa de Silleda, Novas Xeracións do Partido Popular de Redondela iniciou unha campaña solidaria en apoio a Jessica co obxectivo de recadar os fondos necesarios para a súa operación en Alemaña.
Jessica é unha nena residente en Chapela que padece parálise cerebral dende o nacemento. Para que poida recuperar a mobilidade e a fala é preciso que se desprace ao país alemán, lugar onde se someterá a unha intervención cirúrxica con células nai.
“Dende Novas Xeracións queremos dar o noso máis absoluto apoio a Jessica e á súa familia”, asegura a concelleira popular Laura Alonso. “Convidamos a todos a colaborar cun euro solidario para que entre o esforzo de todos poidamos conseguir o obxectivo desta campaña”, engade.
Nesa mesma xornada foron numerosas as persoas que contribuíron aportando o seu donativo. O grupo musical ferrolán Los Limones estrearon os petos empregados para a recadación de fondos, aos que lle seguiron a presidenta do PP de Redondela, Francisca Canal, e Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, así como outros cargos e dirixentes políticos do territorio galego desprazados nese día ata Silleda e, como non tamén, un bo número de afiliados e simpatizantes asistentes ao evento.