02 octubre 2009

Ayudas a Deportistas : la Xunta anuncia un reparto de un millón de euros

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-Un total de 436 entidades e 316 deportistas serán os beneficiados das axudas que a Fundación Deporte Galego outorga para a promoción do deporte en Galicia e cuxa cantidade ascende a un millón e medio de euros.

A Fundación Deporte Galego acaba de facer público a listaxe dos beneficiarios das axudas enmarcadas no programa de organización de eventos no apartado de entidades e de participación de deportistas en competicións.

A Xunta de Galicia, facendo un importante esforzo investidor, mantén as cantidades do pasado ano, aínda que se reparten 121 axudas máis que no exercicio anterior, destinándose máis dun millón de euros para as entidades coa finalidade de organizar actividades de interese galego orientadas para o fomento, promoción, difusión e formación da práctica deportiva.

Este ano axúdase a 433 entidades, 30 máis que no 2008 e tamén se rexistra un incremento maior no apartado de deportistas, ao ser 90 máis os que recibirán estas subvencións, respaldando neste concepto a un total de 316 de toda a comunidade autónoma.

A provincia que recibe máis axudas é a de Pontevedra cun total de 194 entidades beneficiadas e 156 deportistas, mentres que na Coruña son 167 entidades e 115 deportistas, en Lugo: 58 entidades e 30 deportistas e en Ourense, un total de 44 entidades e 13 deportistas.

As axudas da Fundación para a organización de eventos e a participación de deportistas en competicións benefician este ano a máis entidades e persoas, co que se consegue un dos principais obxectivos da Xunta de Galicia no seu obxectivo de promocionar o deporte en toda a comunidade e de apoiar aos deportistas que a representan nas competicións nacionais e internacionais.