01 octubre 2009

la Xunta anuncia por fin la solución al conflicto del IES Barral de Ponteareas

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través da Xefatura Territorial, obtivo hoxe os permisos para facer os accesos ao IES Barral de Ponteareas. Tras a firma de hoxe no pleno do Concello de Ponteareas as máquinas comezaron a traballar nas obras pendentes coa intención de que o luns den comezo as clases no novo edificio, xa co camiño de acceso que lle corresponde e as traídas de auga e luz que non tiñan ata agora.

O retraso na apertura do novo IES debeuse a un desacordo entre os donos dos terreos nos que están ubicadas as instalacións e o concello de Ponteareas. Este último como medida final optou pola expropiación do terreo. Antes de levar a cabo esta acción, o luns reuníronse en Madrid o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, o tenente de alcalde que exerceu como concelleiro de obras, Juan Carlos González Carrera e os dons dos terreos.

O centro escolar, aínda por estrear, foi rematado no mes de setembro, cando Educación deu por concluídas as obras, e as instalacións tiveron todo o material. Con isto e co claustro escollido as clases non puideron dar comezo debido a inoperancia do bipartito retrasou a orde pola que os donos do terreo daban o permiso para facer o acceso ao IES. O Xefe Territorial de Pontevedra, César Augusto Pérez Ares recordou que o instituto está “practicamente” listo para abrilas súas portas. “Xa ten todo o mobiliario e os profesores xa foron nomeados. Ademais, as palas comezaron esta mesma mañá a traballar para que o acceso poida estar listo en catro ou cinco días”.

Co acordo asinado hoxe, o responsable territorial dixo que consideraba “moi positivo que o grupo de Goberno local de Ponteareas lograra chegar a un acordo cos donos dos terreos sobre os que se vai a executar o acceso a este instituto, xa que deste xeito ponse punto e final a unha situación que afectaba gravemente aos intereses dos alumnos non só deste concello senón tamén de Covelo e Mondariz”.

Pérez anunciou que mañá, a unha da tarde, manterá na Delegación Territorial de Pontevedra un encontro cos pais e nais dos rapaces afectados. “Ímoslles pedir toda a colaboración posible para que os nenos poidan volver ás aulas o próximo martes ou mércores aínda que o acceso non estea rematado para esa data, porque consideramos que os rapaces non poden retrasar máis o inicio das clases”.

Na visita ao centro levada a cabo esta mañá polo xefe territorial, César Augusto Pérez estivo acompañado polo alcalde da vila, Salvador González Solla, así como polo concelleiro de Educación e polos responsables da unidade técnica da Consellería de Educación, “que serán os encargados de coordinar os traballos que faltan por realizar e que son responsabilidade do municipio”, en relación a conexión de luz, auga, saneamento e teléfono.

O novo IES Barral ten unha extensión de 8.000 metros cadrados sobre un terreo de máis de 42.500. Neste centro estudarán este curso que comeza 240 alumnos. Dende a Consellería de Educación estívose a traballar na escolarización dos estudantes, e pensando no seu ben deuse a posibilidade de que asistiran na quenda de tarde o IES Val do Tea, e tamén estudouse o Conservatorio de Música como posible centro temporal.
Finalmente, coa presión exercida desde a Consellería de Educación polo ben dos estudantes e o traballo do Concello, obtívose o permiso para realizar o camiño de acceso que lle faltaba ao centro, así como as traídas de auga e luz, e confíase en rematar canto antes ditos traballos para que tanto o persoal do centro como os alumnos e alumnas matriculadas continúen o curso escolar no IES Barral de Ponteareas, nos horarios e espazos que lles corresponden.