05 octubre 2009

La Xunta estudia ya la remodelación del estadio de San Pedro, en Marin

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, manifestou hoxe na súa visita a Marín a predisposición do seu departamento para estudar a remodelación das pistas de atletismo do estadio de San Pedro e comprometeuse a analizar a posibilidade de financiar o futuro pavillón de Seixo, que pretende facer ambas institucións.

Estes compromisos anunciounos no transcurso da visita que fixo esta mañá ao Concello onde reuniu co alcalde e os portavoces municipais, aos que lles explicou a problemática xurdida co proxecto do estadio de San Pedro. O rexidor do deporte galego demostrou que o compromiso da reforma do complexo de Marín non figuraba no Plan de Infraestruturas e que tampouco se iniciou o proceso para a elaboración do convenio como queda patente en que non se fixo a retención previa de crédito, obrigatoria neste tipo de casos e explicou que o 2 de decembro de 2008 a Xunta anterior decidiu non levar a cabo ese proxecto.

O actual secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, cando chegou a Xunta de Galicia atopouse que o compromiso da reforma do estadio de Marín non figuraba no plan de Infraestruturas e que tampouco se iniciou o proceso para a elaboración do convenio como queda patente en que non se fixo a retención previa de crédito, obrigatoria neste tipo de casos.

Despois da reunión mantida no Concello, o secretario xeral para o Deporte visitou o estadio acompañado polo alcalde e tamén polos portavoces dos diferentes grupos políticos. Comprobou o mal estado das pistas e anunciou o estudio da reforma, pero explicou a necesidade da implicación do Concello debido o alto custe das obras.

Na visita, José Ramón Lete recoñeceu que a Xunta de Galicia tratará de implicarse no financiamento do pavillón de Seixo que é unha demanda do Concello, dos partidos políticos e tamén dos veciños. O secretario xeral para o Deporte confesou que era consciente da necesidade de esa infraestrutura, polo que “faremos todo o posible por apoiala no momento que o Concello teña elaborado o proxecto e tomadas diferentes decisión urbanísticas”.

O secretario xeral para o Deporte tamén anunciou que mantivo conversacións coa Escola Naval Militar coa intención de que os clubes poidan usar esas instalacións atléticas.