MOS (MORRAZO-TRIBUNA).- Santa Eulalia acolle ó Cristo da Esperanza 2009 >> O programa festivo concéntrase ó longo da fin de semana
A vindeira fin de semana, concretamente os días 9, 10 e 11 de outubro, terán lugar en Santa Eulalia, na parroquia de Mos, as festas na honra do Cristo da Esperanza.
O venres, día 9, celebrarase unha gran verbena, amenizada musicalmente polas orquestras Abanico e Charleston Big Band, que dará comezo ás 22.00 horas. A esa mesma hora empezará a verbena ó día seguinte, sábado 10 de outubro, e neste caso a música correrá a cargo de Gran Parada e París de Noia.
Xa o domingo 11, haberá ás 12.00 horas unha Misa Solemne con procesión cantada pola Coral Centro Cultural Santa Eulalia de Mos e pasarrúas a cargo da Banda de Música Xuvenil de Torroso. Tamén actuará o Grupo de Baile do C.C. Santa Eulalia de Mos e, a partir das 22.00 horas, gran verbena na que tocarán as orquestras Panorama e Olympus.