06 octubre 2009

Otra de buenas palabritas desde la Xunta

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, mantivo, hoxe, unha primeira reunión de traballo coa Asociación multisectorial de novas tecnoloxías da información e a comunicación de Galicia (INEO), na que transmitiu o máximo apoio da Xunta para o impulso das novas tecnoloxías nos sectores produtivos.

Para a secretaria xeral de Modernización, esta xuntanza supón un paso máis para elaborar as liñas concretas de actuación futuras en materia de novas tecnoloxías en sectores produtivos como o mar, o sector da automoción ou o sociosanitario. Neste senso, Mar Pereira, avanzou que INEO está a facer un análise dos sectores nos que a incorporación de novas tecnoloxías podan supoñer unha mellora considerable da competitividade nas empresas.

Pola súa banda, INEO expresou a súa intención de potenciarse como un referente do sector e manifestou a súa plena disposición a colaborar coa Administración autonómica para potenciar a sociedade da información no mundo empresarial.

Na actualidade, INEO agrupa 88 empresas do sector TIC, que xeran un volume de negocio de máis de 270 millóns de euros e dan emprego a máis de 3.300 traballadores, converténdose nun referente de peso das TIC en Galicia para o conxunto do sector empresarial galego.