01 octubre 2009

Otra vez, Medio Rural anuncia que meterá mano en el problema de la Leche

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, reuníronse este mediodía con Pedro Ramos e Edis Estévez, representantes da Asociación Galega de Industrias Lácteas. Os catro salientaron a importancia e necesidade da implantación de medidas que sirvan para frear a crise que está a atravesar o sector lácteo.

Logo de estudar os resultados prácticos das medidas implantadas para avaliar a falta de liquidez do sector solicitaron dos seus interlocutores información sobre a implantación de contratos ‘homologados’, é dicir, aqueles realizados ao abeiro do modelo recentemente publicado (o pasado 26 de setembro) polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.

Finalmente, cómpre salientar que tanto desde a Administración como desde a parte industrial confíase en que estes contratos homologados sexan o alicerce de futuros acordos que repercutan nun prezo máis equilibrado, e á súa vez sexan pedra angular para a estabilidade dun sector estratéxico e vital para a economía galega.