CAMPAÑA DO MOVEMENTO VECIÑAL :
“POR UNHA MOBILIDADE EFECTIVA.
EN VIGO NON IMOS ESPERAR MAIS”
Para tal fin está previsto levar unha exposición en itinerancia por 6 asociacións veciñais de Vigo, de xeito que se poida presentar os distintos problemas cos que se atopan os veciños e, entre as asociacións participantes, que se busquen alternativas de solución. Hoxe comézase coa AA.VV de Teis e están presentes as asociacións do Casco Vello, de Fonte do Galo e de As Nosas Rúas
Tamén está previsto empregar testemuñas de xente de a pé que conte co problema que se atopa. Na presentación estivo presente Duli, que vive en Candeán e para acceder ao seu posto de traballo na Porta do Sol todos os días ten que adicar unha hora para baixar e outra para subir. En moitas ocasións, debido aos retrasos que se producen no transporte urbano non logra chegar a recoller aos seus fillos á saída do colexio. Cando por motivos persoais ten que empregar o coche para ir ao traballo e emprega os aparcadoiros do centro consume entre 4 e 7 euros, o que supón un importe elevado en relación ao seu salario se se produce varias veces ao longo do mes.
Outros casos serán presentandos ao longo da campaña e, o que resulta de mais interese, tense previsto preguntarlle aos asistentes á exposición que vai itinerar por 6 asociacións veciñais e a aquelas persoas que queiran contar a súa situación na web www.favec.es.
Luis Martinez, vogal da Federación Veciñal, é o encargado de dinamizar o traballo interno de análise de problemas e de buscar alternativas xunto coas asociacións veciñais. Na súa exposición deu a coñecer que na primeira fase xa se levan realizado 9 xuntanzas da Federación Veciñal Eduardo Chao (FAVEC) coas distintas asociacións veciñais, así como a cobertura dunha enquisa exhaustiva entre elas. Despois dunha análise detallada, chegouse á conclusión que unha das necesidades máis destacadas dos veciños e veciñas de Vigo é abordar a mobilidade en tres dimensións:
· Mobilidade no centro urbano, coa problemática de saturación de tráfico, do aparcadoiro en superficie para residentes e a problemática do elevado custo do aparcadoiro subterráneo se é preciso empregar habitualmente o automóbil.
· Mobilidade entre as parroquias e o centro urbano, con problemas relacionados co transporte urbano (frecuencia, transbordos, trazados, etc).
· Mobilidade interurbana, sen servizos suficientes, sen coordinación dos servizos existentes, cun custo tan elevado que sae máis económico o emprego do coche, etc.
Toda esta problemática de mobilidade deriva en importantes problemas de falla de axilidade no transporte, de ser moi gravoso desprazarse comparativamente con outras cidades onde o tema está resolto e, por suposto, xerar contaminación e tensión nos veciños e nos traballadores que empregan medios de locomoción.
A FAVEC e as asociacións veciñais teñen previsto demandar do Concello de Vigo, da Xunta de Galicia e das restantes administracións implicadas, que se executen os acordos existentes nesta materia dun xeito coordinado e que se convoquen os órganos de participación cidadá nos que se teñen que debater os temas relativos a transporte e mobilidade, que por certo no caso do Consello Municipal de transporte únicamente se convoca unha vez ao ano para aprobar as tarifas de prezos do autobús e dos taxis, cando polo seu regulamento había que facelo trimestralmente.
Para realizar todo isto está previsto solicitar entrevistas con todas as administracións implicadas –Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Delegación do Goberno-, así como convocar unhas xornadas de traballo tanto coas administracións como cos axentes sociais implicados.
· Non se aborda seriamente a mobilidade urbana e interurbana, botándose a pelota unhas administracións a outras
· Séguese apostando polo automóbil como medio de transporte –malgasto, contamináción, etc- e de recadación -11 novos aparcamentos soterrados previstos, 140.000 euros en multas en 2008 ou sexa 1 ou 2 por familia-.
· centro urbano está ao límite da saturación, o que se agrava coa entrada de 50.000 coches da área metropolitana.
· A humanización, que é desexable, faise sen criterio claro e todas simultáneamente, sen consultar aos veciños implicados.
· Consello Municipal de Transportes e o Consello Municipal de Mobilidade non se reunen coa periodicidade prevista (trimestral) nen exercen de verdadeiros órganos de deliberación das necesidades da veciñanza.
· A Xunta de Galicia non ten posto en funcionamento un sistema de transporte público económico e áxil na área metropolitana.
• No Plan de investimento local para 2010 (Concello)
• No Consello Municipal de Transportes (Concello)
• No Consello Municipal de Mobilidade (Concello)
• Nos órganos participativos da Área metropolitana (Xunta)
Se elabore o Plan de mobilidade de Vigo e área metropolitana, abordando:
• Servizo de transporte urbano (liñas cada 5 min no centro e 15 min nas parroquias, revisión de trazados, nodos intercambiadores, abono metropolitano, abono para non residentes e turistas, etc)
• Servizo de transporte metropolitano, coa coordinación de Concello, Xunta e outras administracións (Consorcio de Transporte Metropolitano; Tarxeta de Transporte Metropolitano; coordinación cos Transporte de ría, interurbano e tren de cercanías; aparcamentos disuasorios)
• Potenciación do respecto polo medio ambiente, fomentando o emprego da bicicleta e incrementando a sensibilización sobre o transporte público.
Se executen os acordos relativos á mobilidade por parte das distintas administracións –e que xa levan recollidos no PXOM dende hai tempo-
• Aparcadoiros disuasorios
• Estacións intermodais
• Intercambiadores en puntos clave
• Ferrocarril de cercanías
• Sistema viario metropolitano, tanto na rede viaria principal como na rede principal urbana