VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Consellaría dirixida por Fernando Blanco inviste 1.488.051,86 euros na apertura de dezasete novas tendas multiservizo na Coruña, Pontevedra e Lugo. Estes establecementos súmanse así aos catro que desde hai un ano están en funcionamento con grande éxito nas catro provincias de xeito que, a finais de ano, xa estarán integrados na Rede de comercio rural galego. O Diario Oficial de Galicia publicou onte a resolución pola que se lle dá publicidade a estas axudas.
Das novas tendas, oito están na provincia da Coruña (A Ponte Arcediago-Santiso, Visantoña-Mesía, Calo-Teo, Artes-Ribeira, Ponte Carreira-Frades, A Castañeda-Arzúa, A Picota-Mazaricos, Treos-Vimianzo); catro en Lugo (Salcedo-Pobra de Brollón, Bretoña e Campo da Rosa-A Pastoriza e Doncos-As Nogais); e cinco en Pontevedra (Bora-Vilares, Covelo-A Cañiza, Soutelo de Montes-Forcarei, Barro e A Lagoa-Campo Lameiro). En tódolos casos son comercios situados en núcleos que non superan os 1.500 habitantes ou en concellos de menos de 5.000 habitantes.
A Consellaría de Innovación e Industria impulsou en 2007 o proxecto de creación dunha Rede de Comercio Rural Galego co obxectivo de modificar a tendencia de peche dos establecementos situados en zonas rurais e polo tanto, favorecer unha correcta dotación de servizos para a poboación coa posta en marcha de actividades en común dirixidas a conseguir a súa viabilidade económica e mellorar as súas expectativas de futuro. Así, a través do modelo definido como “tendas multiservizo” adáptase a oferta de produtos e servizos ás novas formas de consumo no rural, mellorando a calidade de atención ao consumidor, apoiando a innovación e a xestión moderna e atraendo a novos clientes cara a este ámbito. A maiores, todos os establecementos da Rede reciben o selo “Comercio Rural Galego” logo de superar unha exhaustiva auditoría para garantir uns estándares mínimos e en consecuencia, a fiabilidade e a calidade.
As tendas piloto abertas o ano pasado con grande éxito, e nas que se pode comprobar o funcionamento estándar da Rede de Comercio Rural Galego, son Casa Varela, situada en Touro (A Coruña); Casa Xustáns, de Pontecaldelas (Pontevedra), Casa Rosa, de Maceda (Ourense); e Casa Balsa, de Ourol (Lugo). Desde finais do pasado mes de marzo, toda a información relativa á Rede de comercio rural galego está dispoñible na web http://www.comercioruralgalego.eu ou a través do portal da Dirección Xeral de Comercio http://www.conselleriaiei.org/ga/dxcc/index.php.