VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado mércores, 12 de novembro, a orde pola que se aproba a convocatoria para a concesión de subvencións públicas destinadas á realización de accións de apoio e de acompañamento á formación de ámbito autonómico correspondentes ao exercicio 2009.
Enténdense por accións de apoio e de acompañamento á formación aquelas que teñen por obxecto a investigación e prospección do mercado de traballo para anticiparse aos cambios nos sistemas produtivos, a análise da repercusión da formación continua na competitividade das empresas e na cualificación dos traballadores, a elaboración de produtos e ferramentas innovadores relacionados coa formación continua e, en definitiva, a determinación das necesidades de formación precisas para coadxuvar ao progreso económico dos sectores produtivos no conxunto da economía.
Estas accións constitúen un importante apoio e complemento ás políticas de fomento e mellora da formación profesional e da formación en xeral, pois contribúen á eficacia do sistema de formación continua. Para o desenvolvemento desta orde, con vixencia para os anos 2008 e 2009, a Consellería de Traballo disporá dun orzamento de 2,9 millóns de euros.
Poderán solicitar as subvencións as empresas, entidades ou organizacións sen ánimo de lucro que inclúan entre os seus fins o desenvolvemento de actividades tipificadas como accións financiables ou relacionadas coa formación continua. Deberán acreditar experiencia na realización de estudos, investigacións ou proxectos de natureza similar aos solicitados durante un período de polo menos tres anos, coa realización, como mínimo, dalgún traballo semellante ou relacionado co posto. Cómpre destacar que non poderán ser solicitantes as administracións públicas.
Tipos de accións subvencionables
As accións subvencionables son de dous tipos: de estudo e investigación e as accións destinadas á elaboración e experimentación de produtos, técnicas e ferramentas de carácter innovador para a mellora de sistemas pedagóxicos, organizativos e de xestión da formación para o emprego.
As accións de estudo e investigación irán destinadas a analizar os factores que estruturan a demanda de formación continua do sistema produtivo, co fin de anticiparse aos cambios nas cualificacións profesionais derivados do progreso técnico e da organización do traballo. Tamén terán como obxectivo afondar no coñecemento dos problemas e necesidades específicas de formación nos distintos sectores económicos ou ámbitos territoriais e desenvolver iniciativas e alternativas sobre a adecuación da oferta de formación continua á evolución dos contidos das ocupacións. Ademais, terán entre os seus fins coñecer as necesidades formativas dos traballadores con maior dificultade de acceso á formación e das pequenas e medianas empresas.
As accións destinadas á elaboración e experimentación de produtos, técnicas e/ou ferramentas de carácter innovador estarán destinadas á mellora dos sistemas pedagóxicos, organizativos e de xestión da formación profesional continua. Terán especial consideración as accións referidas á elaboración e/ou experimentación de ferramentas e metodoloxías de aprendizaxe baseadas nas novas tecnoloxías de información e comunicación que estendan a formación aos traballadores de pequenas empresas.
Por outro lado, todos os proxectos subvencionados por esta orde poderán incluír a realización dunha xornada técnica que teña por obxecto a difusión dos seus produtos finais, así como a xeración de propostas, alternativas e suxestións sobre os seus resultados.