19 noviembre 2008

A DEPUTACIÓN CONTRATA A SINALIZACIÓN DE 160 QUILÓMETROS DE VÍAS PROVINCIAIS POR IMPORTE DE 237.800 EUROS

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- A Xunta de Goberno da Deputación acordou hoxe adxudicarlle á empresa Sinalizacións Villar S.L. o subministro de sinalización horizontal e vertical para a mellora da seguridade vial na zona norte da provincia e á empresa Sinalizacións e Balizamentos de Galicia a dotación de sinalización para a zona sur.
En total a Deputación investirá 237.800 euros na mellora da sinalización de 160 quilómetros de estradas de titularidade provincial.
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra prevé adquirir de sinais triangulares, cuadrangulares e circulares. Sinais de stop; paneis direccionais simples e dobres.
Á parte dos sinais verticais, a Deputación de Pontevedra subministrará a rede viaria provincial con outros elementos que redunden nunha maior seguridade nas estradas dependentes da institución provincial de Pontevedra como son pintura para a sinalización horizontal das carreteras; marcas viais; etc.