20 noviembre 2008

Ferido no porto de Vigo

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Servizo de Urxencias Sanitarias 061-Galicia atendeu un total de cinco accidentes de tráfico e outras 142 urxencias entre as 00:00 horas e as 14:00 horas de hoxe. Ademais das actuacións de accidentes de tráfico, o 061-Galicia acudiu a 142 chamadas de urxencias que mobilizaron recursos, e rexistrou 325 consultas telefónicas. O máis salientable:
-Ás 10:11 a Central de Coordinación de Chamadas do 061-Galicia recibiu un aviso dun accidente laboral no concello de VIGO, no porto Pesqueiro, nunha nave. Para atender a vítima que lle caera unha carga por enrriba, Urxencias Sanitarias de Galicia mobilizou unha ambulancia asistencial que, logo dunha primeira valoración e asistencia, se trasladou a un home de 50 anos, A.P.C., cun traumatismo craneoenfálico a un centro sanitario concertado de Vigo.