SILLEDA (MORRAZO-tribuna).- O presidente da Xunta subliñou hoxe que o Goberno galego entende e comparte a preocupación dos gandeiros e está “traballando a fondo” na activación de “medidas e programas que permitan salvar as dificultades e conseguir a estabilización do sector lácteo, de importancia vital para Galicia”. Así o dixo o titular do Goberno galego durante o acto de inauguración esta tarde en Silleda da XXXI Semana Verde de Galicia, onde insistiu en que no Executivo autonómico “compartimos as preocupacións” dos traballadores do sector leiteiro e resaltou que “non os imos deixar na estacada e non os estamos a deixar na estacada”.
O máximo mandatario galego indicou que cómpre “traballar na dirección na que o estamos a facer”, en relación coas medidas adoptadas polo Executivo autonómico para introducir transparencia na negociación dos prezos. Pérez Touriño destacou que ademais das iniciativas do Goberno galego, debe actuar o Goberno central, e rexeitou as solucións locais. Nese sentido, sinalou que é necesario activar no marco da Unión Europea “medidas concertadas” que permitan “unha actuación extraordinaria no mercado” para dar saída aos excedentes de produción para que as empresas non presionen a prol da rebaixa dos prezos.
Ademais, Touriño reclamou medidas en torno ás políticas de importación para evitar as prácticas ilegais en relación co uso de leite concentrado e a venda de produto por debaixo dos custos de produción. En definitiva, o presidente da Xunta avogou por “afinar todos os mecanismos posibles” para superar as dificultades do sector do leite.
Paralelamente, o xefe do Goberno autonómico sinalou que o Goberno galego continuará actuando para facilitar a negociación dos prezos mediante medidas como o contrato homologado ou a factura tipo. Ademais indicou a necesidade de apoiar as medidas de traza para a adopción do “Q” de calidade e avanzou a implantación dun sistema de certificación do leite producido en Galicia.
Un Goberno comprometido co reequilibrio territorial
Durante o acto, no que tamén participaron o conselleiro de Presidencia, José Luis Méndez Romeu, e o do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, o presidente da Xunta asegurou que o Executivo autonómico está “fondamente comprometido co desenvolvemento rural” desde o primeiro día da lexislatura, así como coa superación da “Galicia de dúas velocidades”. Nese sentido, Touriño afirmou que o Goberno que preside está “literalmente volcado” co reequilibrio territorial”, polo que activou un Plan que mobilizará ata 2010 un total de 3.700 millóns de euros.
No camiño cara á unha “Galicia integrada”, o presidente galego resaltou a importancia do Plan Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural, do que subliñou que rematará o ano “cun grao de execución do 102%”. Xunto con isto destacou a posta en marcha de medidas destinadas a mellorar “a ordenación” do traballo no rural, como a constitución do Banco de Terras ou dos contratos de explotación sustentable.
No seu discurso, o titular da Xunta resaltou que este ano máis de 500 persoas se beneficiarán das axudas para a primeira instalación de agricultores mozos, mentres que as axudas e plans de mellora en explotacións e cooperativas teñen preto de 1.750 beneficiarios. Ao mesmo tempo, Pérez Touriño puxo en valor “a nova política forestal” da Xunta que se plasmará na Lei de Montes, así como as medidas destinadas para incrementar a participación do sector.
A Xunta garante o futuro da Semana Verde
O presidente da Xunta expresou hoxe o compromiso do Goberno galego co futuro e “coa viabilidade da Semana Verde e da Fundación que a leva adiante”. “A Xunta de Galicia quere proxectar cara ao futuro esta traxectoria de éxito, apostando por unha feira que, partindo das súas capacidades, fortalezas e potencialidades, saiba aproveitar as oportunidades para seguir sendo un referente no sector agropecuario e agroalimentario”, resaltou.
Emilio Pérez Touriño sinalou que xa se empezou a dar “pasos importantes nesta nova etapa de fortalecemento da Semana Verde de Galicia” coa modificación dos estatutos da Fundación e a toma de posesión do novo padroado, presidido polo conselleiro da Presidencia, e coa decisión de “crear unha estrutura de dirección altamente profesionalizada”. Tras sinalar que a Xunta ten un compromiso financeiro que permitirá levar adiante os compromisos feirais deste ano e do vindeiro exercicio, o presidente galego resaltou que o Goberno galego está a garantir “a continuidade da Fundación Semana Verde de Galicia e con elo a viabilidade da Feira Internacional e do resto de eventos que organiza a Fundación”.