BUENOS AIRES (MORRAZO-tribuna).- O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Julio Fernández Mato, destacou esta mañá en Buenos Aires o “balance altamente positivo” da delegación do Goberno galego en Arxentina logo de cumprirse o seu primeiro ano de funcionamento. Neste tempo, tal e como manifestou Fernández Mato, a delegación da Xunta atendeu un total de 2.702 expedientes relacionados con galegos asentados no país austral, “a maior parte deles relacionados con axudas económicas individuais emigrantes, bolsas de estudo, viaxes a Galicia dentro dos programas da Xunta e asuntos relacionados coas entidades galegas e actividades informativas e culturais”. O secretario xeral realizou esta valoración no marco dun almorzo informativo que mantivo esta mañá en Buenos Aires cos correspondentes dos medios do exterior asentados na cidade.
Paralelamente, segundo salientou o secretario xeral, desde que o cadro de persoal da delegación se incorporou a traballar, a sede da oficina da Xunta en Buenos Aires recibiu un total de 236 visitas institucionais; albergou a celebración de 28 relatorios; promoveu 18 actividades propias; puxo en marcha 56 actos propios; e participou noutros 89 convocados por outras institucións galegas e arxentinas co fin de afianzar relacións coas institucións, empresas e sociedade civil das duas partes.
Na opinión do secretario xeral de Relacións Exteriores, as delegacións da Xunta no exterior “cumpren un papel de democratización da administración galega”. “Trátase de achegar a administración aos cidadáns alí onde queira que estean”, salientou Fernández Mato quen engadiu que “a singularidade de Galicia esixe que alí onde hai concentracións importantes de galegos se produza tamén un contacto directo cos administrados”.
Doutra banda, Julio Fernández Mato considerou que as delegacións da Xunta no exterior eríxense tamén como plataformas para promover as relacións institucionais de Galicia cos países nos que se asentan e como canle para as empresas galegas que visiten Buenos Aires e Montevideo no marco de misións empresariais. Neste sentido, Fernández Mato destacou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Relacións Exteriores e a Confederación de Empresarios de Galicia ao abeiro do cal as oficinas da Xunta no exterior estarán a disposición dos empresarios galegos que aposten pola internacionalización.
Participar do novo discurso mundial
Por outra banda, Fernández Mato puxo en valor o novo modelo de acción exterior da Xunta de Galicia desenvolvido ao longo desta lexislatura. Segundo sinalou, as relacións exteriores da Xunta posúen unha triple vertente: defender os intereses dos galegos no exterior; promover mediante novos mecanismos a internacionalización das empresas galegas no exterior; e contribuír á difusión da lingua e da cultura galega no contexto internacional.
Fernández Mato considerou que Galicia quere participar tamén do novo discurso mundial que aposta pola “multilateralidade” e afianzar a súa presenza no exterior.
Axenda da viaxe
O secretario xeral de Relacións Exteriores participou, durante a súa viaxe a Uruguai e Arxentina, na clausura da misión empresarial que a Confederación de Empresarios e o IGAPE promoveron á capital uruguaia e na que tamén participou o ministro de Transportes do país, Víctor Rossi. En Montevideo, tamén mantivo unha reunión co intendente da cidade, Ricardo Ehrlich, e co subsecretario de Estado de Economía, Andrés Masoller.
Paralelamente, na capital charrúa o secretario xeral asinou co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia un convenio de colaboración co fin de promover o uso das instalacións da Xunta no exterior por parte dos empresarios galegos que viaxen a Buenos Aires e Montevideo. Tamén en Montevideo, Fernández Mato participou na inauguración das novas dependendencias do Patronato da Cultura Galega.
Xa en Buenos Aires, Fernández Mato mantivo xuntanzas con Óscar González, secretario de Relacións Parlamentarias do Goberno da nación; con Alberto Pérez, ministro da Gobernación do goberno da provincia de Buenos Aires; e con Darío Díaz, intendete de Lanús, municipio no que reside unha colectividade importante de galegos. Tamén na capital arxentina, o secretario xeral entrevistouse co reitor da Universidade San Martín, Carlos Ruta, para abrir vías de colaboración entre o Goberno galego e esta institución académica.
Finalmente, o secretario xeral clausurou o ciclo de seminarios A UE en América Latina e participará tamén nun seminario promovido por Mercosur baixo o título Foro Consultivo de Municipalidades, Estados, Provincias e Departamentos onde abordará, como membro do Comité das Rexións, o proceso de descentralización político-administrativo acontecido en España desde 1978 baixo unha óptica galega.