20 noviembre 2008

Por fin va enterrando Fenosa algunas de las líneas eléctricas que por ahí "vuelan"...

COMPOSTELA / PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, asinou hoxe un convenio de colaboración co director xeral de Unión Fenosa en Galiza, Luís Díaz, para o soterramento de varias liñas eléctricas en distintos puntos do territorio galego. En total, entre o presente exercicio de 2008 e o que vén suprimirase o tendido aéreo de 43 liñas das que é titular a compañía eléctrica.
O investimento total destas actuacións ascende a 5.552.548 euros, dos que 942.521,76 euros (o 30% do custe da instalación eléctrica) son achegados pola Consellaría de Innovación e Industria. O custe correspondente á obra civil, pola súa parte, sufragarano os concellos nos que se localizan as liñas.
Das 43 liñas, 17 están situadas na provincia da Coruña (nos concellos de Lousame, Mugardos, Miño -2 liñas-, Culleredo -5 liñas- e Oleiros -8 liñas-); 4 na de Lugo (nos concellos de Chantada -2 liñas-, Palas de Rei e Taboada); 17 en Ourense (Allariz, Barbadás, Boborás, A Bola, Carballeda de Avia, Castrelo do Val, Celanova, Entrimo, Leiro -2 liñas-, Muíños, O Barco de Valdeorras, Ribadavia, A Rúa, Vilar de Santos e Ourense -2 liñas-); e 5 na provincia de Pontevedra (nos concellos de Cotobade, Mos, Pontevedra, Sanxenxo e O Porriño).
A Consellaría de Innovación e Industria apoia as actuacións de soterramento de liñas en tanto que supoñen melloras de seguridade para as instalacións, as persoas, os bens de interese cultural ou ambiental e favorecen o desenvolvemento social e económico das zonas obxecto das obras.