REDONDELA (MORRAZO-tribuna).- A voceira popular, Francisca Canal, presentará unha moción neste sentido no pleno ordinario deste mes : O Partido Popular de Redondela denuncia o estado "totalmente ruinoso" no que se atopa un edificio de Fenosa situado no número 6 do Paseo da Xunqueira. A voceira e presidenta do PP redondelán, Francisca Canal, visitou as inmediacións do inmoble acompañada polo concelleiro popular responsable da parroquia de Redondela, Cándido Vilaboa, para comprobar o estado no que se atopa e plantexar unha solución para o problema que entraña "unha construcción nestas condicións", declarou Canal.
O edificio amosa desperfectos no tellado, co conseguinte perigo de desprendemento de tellas que poderían impactar contra os viandantes, ventás rotas e outros signos que evidencian que se atopa en ruinas. De modo que o grupo municipal do Partido Popular solicítalle ó Concello "que faga as xestións oportunas para convertir o espazo que ocupan estas instalacións nunha zona verde ou de equipamento para uso e desfrute dos veciños de Redondela", "xa que está claro que Fenosa non lle está a dar uso a esta edificación, tendo en conta o estado ruinoso no que se atopa", argumentan os populares.
Ademais, a voceira do PP local anunciou que no vindeiro pleno da Corporación Municipal, que se celebrará o mércores 26 de Novembro, presentará unha moción neste senso solicitando que "se fagan as xestións oportunas para convertir o citado edificio en zona verde ou de equipamento xa que Fenosa non o usa".