05 noviembre 2008

Os que traballaron arreo para que Mos non quedase sen o San Martiño


MOS (MORRAZO-tribuna) .- Non faltará este ano, a festa patronal de San Martiño que se celebrará na parroquia mosense de Tameiga os vindeiros días 8, 9 e 11 do presente mes. vemos na fotografía os entusiastas membros da comisión de festas que traballou moito para poder celebrala festa e os veciños de Tameiga están moi ilusionados co acontecemento.