COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna) .- Ante as declaracións realizadas polo PPdeG, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desexa aclarar que a Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) foi creada para dar cumprimento á Lei de Emerxencias de Galicia. A súa misión é xestionar as emerxencias mobilizando os medios existentes co fin de garantir unha mellora na prestación deste servizo público, tendo como obxectivos principais potenciar o 112, mellorar a intervención e a formación dos profesionais e voluntarios que participan nas grandes emerxencias.
Doutra banda, cabe explicar que o soldo bruto anual do xerente da AXEGA, Francisco Echeverría Iriarte, é de 66.000 euros –cantidade que retribúe o carácter directivo do posto, equiparando a súa retribución á dun director xeral, incrementada nun 10% para retribuír a especial dispoñibilidade que implica a xestión de emerxencias- . Pola súa banda, o secretario xeral da Axencia, José Someso Anguita, ten un soldo bruto anual de 49.232 euros, similar ao dun subdirector xeral e sen ningún tipo de complemento. O xerente podería cobrar 6.000 euros máis a finais de ano, pero só no caso de cumprir os obxectivos previstos de produtividade en xestión de emerxencias, segundo uns cómputos preestablecidos. Con isto, estas cifras distan moito dos datos ofrecidos esta mañá polo PPdeG. Ademais, os traballadores da AXEGA é persoal da Xunta que procede da Dirección Xeral de Protección Civil.