06 noviembre 2008

A XUNTA ACHEGA 337.000 EUROS Á CESIÓN DE VEHÍCULOS PARA MISIÓNS DE PROTECIÓN CIVIL A DEZ CONCELLOS

COMPOSTELA (MORRAZO-tribuna).- Recíbenos os municipios das Pontes de García Rodríguez, Teo, Burela, Viveiro, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, A Gudiña, Redondela, A Guarda e Poio. A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza vén de facer entrega de cadanseus vehículos para misións de protección civil aos concellos das Pontes de García Rodríguez, Teo, Burela, Viveiro, O Carballiño, O Barco de Valdeorras, A Gudiña, Redondela, A Guarda e Poio, para o que destina un total de 337.402 euros.
Trátase de todo terreos con tracción 4x4, da marca Nissan e do modelo Pathfinder. Teñen cinco portas e sete prazas. A través destas axudas, a Xunta busca establecer canles de cooperación coas entidades locais para que conten cuns servizos de seguridade e protección capaces de atender eficazmente ás necesidades da poboación.
Puideron solicitar esta axuda os concellos que contaban con servizo municipal de protección civil no momento de presentar a solicitude ou se comprometeran a crealo no prazo de dous meses dende a concesión das axudas; que teñan ou estean a elaborar o Plan de Emerxencia Municipal (PEMU); que teñan presentadas as contas da entidade local correspondentes ao exercicio orzamentario 2006 no Consello de Contas; e que non tiveran recibido vehículos deste tipo no período 2002-2007. Os municipios que a pediron comprometéronse a aceptar a cesión do material e a asumir os gastos de matriculación, así como a destinalos a misións de protección civil.