16 diciembre 2008

Detienen a un tipo como presunto autor de 8 incendios en la zona de Mondariz

MONDARIZ (MORRAZO-tribuna).- Funcionarios da xefatura local de Vigo da Unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma detiveron onte a O.G.B., un home de 72 anos, como presunto autor de oito incendios forestais causados dende o ano 2005 en Aboal, na parroquia de Toutón, no Concello de Mondariz (Pontevedra).
Nos oito incendios que se lle imputan queimáronse un total de 3,4 hectáreas de superficie arborada e rasa. O detido foi visto por testemuñas abandonando o lugar dos incendios ao pouco de iniciarse. O detido presuntamente actuou movido pola vinganza xa que el e a súa familia mantiñan disputas con veciños da zona propietarios de terreos incendiados, segundo datos manexados polos axentes autonómicos.