16 diciembre 2008

El caso de la presunta agente electoral del PSOE pasa por el juzgado de Corcubión

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- O Partido Popular lembrou esta tarde que "María Isabel Branco, a axente electoral que o PSOE contratou para facer campaña en Arxentina a través dun contrato pagado con fondos públicos, comparece mañá ante o Xulgado de Corcubión para explicar en que consistía o seu traballo para o alcalde de Muxía, o imputado por este asunto, Félix Porto. Blanco terá a oportunidade de aclarar ante a autoridade xudicial aquelas cuestións que non puido precisar na comisión parlamentaria que investigou este tema, debido ás trabas postas por socialistas e nacionalistas, empeñados en ocultar a verdade e en tapar un caso no que puideron rexistrarse delitos de malversación de fondos e fraude en subvencións, os mesmos que se lle imputan ao rexedor de Muxía".

Blanco foi contratada a través dunha asociación pantasma de Ourense para acabar traballando en Unións Agrarias de Vimianzo, ao servizo do entón candidato socialista á alcaldía de Muxía, quen lle informou de que a súa verdadeira función sería recoller votos para el desde Arxentina e porta por porta, para así chegar á alcaldía do municipio coruñés.

PORTO SE NEGÓ A FALAR; BLANCO SÍ QUE O HARÁ
Cabe recordar que a última comparecencia celebrada no Xulgado de Corcubión por este caso foi a de Félix Porto, quen tras dicir que estaba desexoso por aclarar o sucedido neste caso, negouse a contestar a todas e cada unha das preguntas da acusación (unha vintena) a pesar de ser declaradas procedentes pola autoridade xudicial. Ese afán por ocultar a verdade contrastará coa comparecencia de mañá de Branco, que por non ter nada que ocultar limitarase a dicir a verdade e tratar de arroxar luz sobre este caso.
Para o Partido Popular esdtá claro que "Ademais, a pesar dos desexos do PSOE de que este asunto se pechase canto antes para esquecelo o máis pronto posible, o Xulgado de Corcubión solicitou recentemente á presidenta do Parlamento que lle remita o expediente completo da investigación que levou a cabo na Cámara galega, ademais dalgúns documentos que no seu momento solicitou o PPdeG e que PSOE e BNG negáronse a incluír na investigación parlamentaria sobre este caso. A devandita decisión deixa ao descuberto as falsidades do PSOE, que afirmou que todo estaba xa aclarado e non era necesario investigar nada máis, algo que contrasta coa decisión xudicial".