MADRID (MORRAZO-tribuna).- O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, dirixiuse esta mañá á Ministra de Fomento na Cámara Baixa para emprazala a retirar o novo modelo de xestión aeroportuario “e negociar outro coas Comunidades Autónomas”.
Jorquera abriu a súa intervención expresando á Magdalena Álvarez “a total e absoluta decepción do BNG” respeito ás liñas básicas do novo modelo de xestión aeroportuario que a Ministra detallou na Comisión de Fomento esta mañá.
Jorquera abriu a súa intervención expresando á Magdalena Álvarez “a total e absoluta decepción do BNG” respeito ás liñas básicas do novo modelo de xestión aeroportuario que a Ministra detallou na Comisión de Fomento esta mañá.
O deputado nacionalista afirmou que este novo modelo “dista moito dun modelo descentralizado e parece deseñado para propiciar a entrada e participación privada, e de paso dar saída ás demandas de Catalunya de participar na xestión do Prat aínda que dunha maneira inadecuada”.
Afirmou que a condición de que os aeroportos teñan un tráfico aéreo de máis de 30 millóns de pasaxeiros ao ano para poder participar na xestión dos aeroportos, “é unha condición excluínte, que elimina a todos os aeroportos do Estado agás o de Madrid e o de Barcelona”.
Magdalena Álvarez limitouse a defender o modelo presentado como un modelo que corresponde a unha visión “global do territorio”, e argumentou que se dá entrada “ás CC.AA” en referencia á entrada de Catalunya e Madrid porque, según alegou, non poden estar todas as CC.AA no Consello de Administración de AENA.
Un modelo aeroportuario dos máis centralizados da UE
O parlamentar nacionalista puxo en destaque o feito de que o Estado español “é o único Estado da UE no que os aeroportos os xestiona un único ente do Estado, AENA. En Europa a xestión é individualizada, dando participación a institucións subestatais”. Incluso aludiu á Lei de Navegación da época franquista, do ano 1966, xa que “é curioso que consinta e avalia a participación local e 50 anos despois esteamos ante un modelo de xestión aeroportuaria centralista”.
Jorquera subliñou a importanza dos aeroportos como axentes económicos con infraestruturas vitais para o desenvolvemento das CC.AA. “A descentralización dos aeroportos é necesaria” para unha mellor intermodalidade, organización e transparencia financieira.
Unha demanda, puntualizou, que “é compatíbel co espazo aéreo europeo”. E asegurou non entender a exixencia dun tráfico aéreo superior aos 30 millóns de pasaxeiros para abrir a participación ás CC.AA. “O modelo de xestión aeroportuario español posúe un alto grao de centralización, que impide avanzar nun modelo policéntrico das conexións, que, no caso de Galiza, permita aproveitar a súa situación xeográfica.
As CC.AA deben participar na xestión
Neste sentido, aludiu á cercanía de Galiza con Portugal. “Galiza ten 3 aeroportos, un deles, o de Vigo perto do de Porto, pero o aeroporto portugués medra e dada a súa situación tamén capta pasaxeiros galegos. Por que? Preguntouse Jorquera, “porque ten maior autonomía para negociar coas compañías aéreas e pode ofertas moitos máis destinos”.
O deputado do BNG puxo enriba da mesa estadísticas, e sinalou que entre xaneiro e outubro de 2007 o tráfico dos 3 aeroportos galegos superaba en 600.000 pasaxeiros ao de Porto, pero no mesmo periodo deste ano 2008, o tráfico do de Sá Carneiro superaba xa en máis de 150.000 pasaxeiros á suma dos 3 aeroportos galegos. “Isto é unha das consecuencias do modelo de xestión centralizado”.
Jorquera rematou reprochando á Ministra que non se avanzara nun modelo máis descentralizado cando o propio PSOE na pasada lexislatura, e no marco dun debate sobre unha iniciativa do BNG, recoñecía a necesidade de repensar o modelo para que os territorios teñan maior participación.