VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna).- Urxencias Sanitarias de Galicia -061 asistiu durante a fin de semana a un total de 151 persoas debido a 108 procesos de asistencia por accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres 28 de novembro, ata as 23:59 horas do domingo 30 de novembro. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 51 procesos asistenciales.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 141 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 108 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 151 persoas.
A proporción de homes atendida foi do 60 por cento e a de mulleres do 40 por cento. No que se refire ás idades dos feridos, obsérvase que un 34 por cento dos atendidos ten entre os 15 e os 24 anos.
Por provincias foi a de A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 45 sinistros durante os desprazamentos destas datas.