07 mayo 2009

BNG da su apoyo a los trabajadores del metal en conflicto estos días

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) . A responsábel do Bloque Nacionalista Galego en Vigo, María Alonso, transmitiu “o apoio do BNG, aos traballadores e traballadoras do metal nas súas reivindicacións laborais”. Lembra a nacionalista que “os traballadores e traballadoras atópanse no proceso de negociación do convenio do que dependen 23.000 persoas”, fundamentalmente de Vigo e a súa área de influenza e salienta a importancia de acadar “unha rápida solución ás negociacións”.

A responsábel local recórdalles aos empresarios do sector que as condicións de vida e traballo dos cadros de persoal das súas empresas “son o factor principal para lograr unha mellor calidade do produto e un maior nivel de competitividade no mercado hoxe agravado pola crise”. Neste sentido, destaca a importancia de acadar “unha rápida solución á negociación, na que os representantes dos traballadores e traballadoras xa teñen demostrado a súa disponibilidade ao acordo”.

Dende o BNG, María Alonso, quere destacar tamén que a situación actual “non beneficia a ninguén, nin aos traballadores, nin aos empresarios, e tampouco á propia cidadanía”. Por tanto, a responsable nacionalista fai un “chamamento ao entendemento” nun sector tan esencial para a economía de Vigo e a súa comarca.