22 mayo 2009

¡Tardan un año entero en autorizar a Deputación la tala de unos árboles!

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- A Confederación Hidrográfica do Miño (CHM) remiteu o pasado luns, 18 de maio de 2009, á Deputación de Pontevedra a autorización de tala de arbres que fora demandada pola institución provincial coa finalidade de realizar a obra da variante de Lira, en Salvaterra de Miño, nas proximidades do río Bastida.

O expedente para iniciar os traballos e a conseguinte solicitude de permiso á CHM iniciouse o 29 de maio de 2007. Según explicou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á xunta de goberno, os permisos da confederación hidrográfica tiveron unha tardanza de dous anos polo que reclamou de novo a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia das súas competencias .

O permiso de tala de arbres para a Variante de Lira chegou á Deputación de Pontevedra o pasado luns, día 18 de maio. Ten data de resolución do 5 de maio e de saida polo Rexistro da CHM do 15 de maio. Ese permiso fora solicitado por última vez pola Deputación o pasado 5 de novembro de 2008. , dixo Louzán.

A autorización é para talar 7 abedules, 10 alisos, 10 carballos, 40 pinos e 30 castaños e hoxe mesmo foi entregada á empresa adxudicataria das obras da Variante de Lira para que reinicie de inmediato os traballos paralizados por causa da falta deste permiso.

Datas

Como é sabido, a obra da Variante de Lira está incluida no Plan Provincial de Cooperación (PPC) do ano 2006. Foi licitada en 458.000 euros e adxudicada a Sercoysa en 391.864 euros. Executaronse desmontes e obras parciais e agotouse a primeira e segunda prórroga. O retraso dos traballos e a non finalización deles foi debido a falta dos pertinentes permisos da CHM, que chegaron ainda o pasado luns. Para non perder os fondos, pois a obra tén financiación da UE, certificouse o remate da obra en decembro de 2008 e esixeuse, nesa mesma data, un aval á empresa por valor de 271.393 euros, como fianza para responder da súa execución. A certificación foi feita polo enxeneiro de Vias e Obras da zona sur, Baltasar Pujales.