09 septiembre 2009

Apoyo de Deputación
a la Semana Verde de Galicia

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe, na súa xunta de goberno, unha achega de 250.000 euros á Fundación Semana Verde de Galicia para apoio das súas actividades perante o ano 2009.

O pleno da institución provincial aprobou o pasado 29 de maio unha moción do Grupo Popular para que se adoptara un acordo para autorizar a devandita achega de 250.000 euros coa finalidade de correxir o seu desequilibrio económico. A partir dese acordo, asinouse un convenio entre ambas institucións no que a Deputación de Pontevedra comprometíase a conceder a devandita cantidade económica como unha colaboración á actividade da Fundación no ano 2009, dado o papel estratéxico que a Fundación desempeña para Galicia en xeral e para a provincia de Pontevedra, en particular.

Na súa habitual xuntanza dos mércores, o goberno provincial aprobou a concesión dos mencionados 250.000 euros.