09 septiembre 2009

El Bloque pidió a Zapatero una estrategia clara contra la crisis

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, pediu esta mañá no Pleno ao Presidente do Goberno “unha estratexia clara fronte á crise económica que vaia máis alá da continua improvisación, de medidas inconexa se de meros parches quen non atacan a orixe da doenza como o Plan E, ou pomposas apostas que son un continente sen contido como a Lei da Economía Sostíbel”.

Ademáis, Francisco Jorquera instou a Zapatero a “modificar tamén a súa actitude política e asumir que non posúe a maioría nesta Cámara. Debe decidir con que forzas políticas quere establecer un diálogo preferente para asegurar a estabilidade parlamentar e actuar en consecuencia”.

O portavoz do BNG nol Congreso puxo enriba da mesa as prioridades do BNG en materia económica. En primero lugar, unha política orzamentaria anticíclica que “aposte polo gasto social e a inversión produtiva e se acompañe dun cambio na política fiscal”.

Propostas do BNG en materia fiscal

En cuanto aos impostos, Jorquera aludiu á necesidade dunha reforma fiscal que redestribúa a carga impositiva baixo “os principios de equidade, xustiza e progresividade, e asegure unha recadación suficiente para o sostemento de políticas públicas sen incorrer nun défice inasumíbel”.

Reprochou ao Presidente do Executivo a falla “dunha resposta clara e valente neste sentido, fronte ás políticas de globos sonda, a timoratez dalgunhas das súas propostas e as continuas contradiccións”. A partir de aí, explicou algunhas das medidas do BNG: “cremos que se debe introducir un novo tramo do IRPF para as rendas altas, unha regulación que asegure a progresividade na tributación das rendas de capital, introducir elementos de progresividade na dedución dos 400 euros ou no cheque bebé e un imposto para as grandes fortunas, ou modificar a tributación das sociedades de inversión de capital variábel, instrumentalizadas por moitas grandes fortunas para se beneficiar dunha tributación ventaxosa”.

A estas demandas uniu a necesidade de políticas de estímulo fiscal destinadas aos sectores más castigados pola crise, unha conxelación das taxas e a imposición indirecta en xeral, ademáis da aplicación dun tipo superreducido de IVA a produtos e servizos de primeira necesidade e un maior gravamen para os artigos de luxo.

Para o deputado do BNG “non se trata de subir impostos de xeito xeralizado, senón que set rata de distribuilos de maneira máis xusta”.

Racionalizar a estrutura administrativa e decepción coa reforma do sistema de financiamento autonómico

En segundo lugar, Jorquera pediu a Zapatero unha racionalización da estrutura administrativa e a distribución do gasto entre as distintas administracións. Neste aspeito, o deputado do BNG defendeu unha distribución do gasto acorde co reparto competencial existente, “adelgazando a Administración do Estado e doutando de máis recursos ás CC.AA e concellos”.

Aproveitou este apartado para manifestarlle a Zapatero “a nosa decepción coa reforma do sistema de financiamento autonómico” e anunciou que o BNG se oporá a esta reforma na súa tramitación parlamentar e “traballaremos para introducir modificacións”. Sinalou que ese sistema non asegura a suficiente financieira de Galiza, nen significa un avanzo en termos de autonomía financieira e desvirtúa os mecanismos para correxir as desigualdades territoriais”.

Jorquera afirmou que tamén a reforma do financiamento local é inaplazábel para “evitar a asfixia de moitos concellos”.

Aproveitar a Presidencia española da UE para defender sectores produtivos básicos

O deputado nacionalista tamén emprazou ao Presidente do Goberno a aproveitar a Presidencia española da UE para defender aos sectores produtivos básicos da economía galega como lácteo, a pesca e o naval.