03 septiembre 2009

Deputación sigue echando una mano a los Concellos en crisis

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-A contía irá destinada a facer fronte ós gastos cotiás dos organismos municipais e a creación de riqueza e emprego
O PLAN ANTICRISE DA DEPUTACIÓN INVESTIRÁ 3 MILLÓNS E MEDIO DE EUROS EN BAIONA, NIGRÁN E GONDOMAR
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o vicepresidente da mesma, José M. Figueroa, presentaron hoxe na Capitanía Marítima de Baiona o Plan de Investimentos Anticrise da Deputación nos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar para o período 2009-2011.
Na xuntanza o presidente e o vicepresidente da Deputación reuníronse cos alcaldes dos municipios sobre ós que recae o investimento co obxectivo de emprender unha viaxe conxunta contra a crise e os seus efectos reais. Con este novo plan o organismo provincial investirá un total de 70 millóns de euros (11.500 millóns das antigas pesetas) en tres anualidades do 2009 ó 2011; desta contía global, un total de 3.455.176 euros irán destinados ós tren municipios citados da zona do Val Miñor: en función do número de habitantes e os Km. cadrados a Baiona se lle otorgará 996.563 euros, a Nigrán 1.132.912 e a Gondomar 1.325.701.
Con este plan os principais obxectivos que a Deputación pretende alcanzar pasan por xerar ocupación e emprego; paliar os efectos da crise nas familias; contribuír a rexenerar a economía e garantir o funcionamento dos concellos.