10 septiembre 2009

El Bloque dice a Feijóo que engañan a los gallegos con la TDT

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O portavoz do BNG en Materia de Sociedade da Información, Ana Luisa Bouza, asegura que o Plano Director de Telecomunicacións para o Despregamento da Banda Larga, aprobado hoxe polo Consello da Xunta “é o mesmo plano PEGSI aprobado polo Goberno Bipartido e que agora o Goberno do Partido Popular anuncia como propio”.

Ana Luisa Bouza considera “escandalosa a falta de mínimo rigor na información que este Goberno achega á cidadanía” e demándalle que “deixe de enganar aos galegos e galegas”.

Así, a deputada do BNG lembra que “todas as actuacións presentadas hoxe estaban previstas no PEGSI (plan galego da sociedade da información) que está en vigor”. Unha parte das actuacións era responsabilidade de Medio Rural a traves de AGADER e a outra da Consellería de industria a traves da Dirección Xeral da Sociedade da información e outra parte RETEGAL que dependía de Presidencia.

Neste sentido, Ana Luisa Bouza considera “sorprendente que o groso do investimento é un convenio co Ministerio de Industria de 90 m€, que o secretario xeral da Consellaría de Industria na súa comparecencia antes do verán dixo que desapareceran, parece que agora os atoparon”.

O despregamento da TDT está paralizado en Galiza

Sobre o despregamento da TDT, Ana Luisa Bouza advirte de que “o único que realmente sabemos é que se adiou o apagamento analóxico da Fase1 que tiña que ter acontecido este verán e para o que non hai data como tampouco a hai de confirmación dos territorios de fase 2 e fase 3. En calquera caso, hai unha obriga a nivel estatal de apagamento analóxico en 2010”. “Seguimos sen saber se o Goberno galego garante unha mínima cobertura da TDT”, asegura a deputada nacionalista.

Por outra banda, Ana Luisa Bouza lembra que “ o goberno do PP ven de paralizar, como xa ten denunciado o BNG, o desenvolvemento da banda larga nas comarcas de Lugo sur, actuacións que estaban incluidas no devandito plan que agora presentan como se non existiran”.

Presentación de iniciativas no Parlamento Galego

A parlamentaria nacionalista anuncia que “o BNG presentará iniciativas no Parlamento Galego para que o Goberno do PP explique en qué van gastar os cartos orzamentado e que deben ser executados este ano 2009 dirixidos a mellorar a infraestructura que permita un acceso igualitario da cidadanía galega que vive no medio rural á banda larga”.