09 septiembre 2009

Mejoran la carretera provincial Baño-Valga

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA). O presidente da Deputación, Rafael Louzán, anunciou hoxe trala Xunta de Goberno a adxudicación á empresa Construcións, Obras e Viais, da execución das obras de ensanche e mellora da estrada provincial 8506 Baño-Valga. Esta actuación foi adxudicada en 432.571 euros.
O pasado 21 de abril, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, asinaron o convenio de colaboración que posibilitará a posta en marcha desta obra. Segundo manifestara Maneiro neses intres “esta actuación permitirá rematar unha arteria importante do municipio que comunica as parroquias de Campaña e Cordeiro co propio Concello”.
As obras a realizar consistirán no ensanche do tramo de calzada con todas as obras que isto conleva como retranqueo de cerres, viñedos e un garaxe. Posteriormente procederase ó movemento de terras necesario para acadar o ancho necesario de plataforma. Entre outras melloras tamén se prevé a colocación de canalizacións e a prolongación de caños