09 septiembre 2009

Vuelven las jornadas de alimentación animal

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).- O Auditorio Municipal de Lalín acollerá o vindeiro seis de outubro, as oitavas xornadas de Alimentación Animal, que se veñen organizando de forma ininterrompida dende o ano 2002. A actividade foi presentada hoxe no Pazo Provincial polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, polo vicepresidente, Xosé Crespo, e pola directora da Finca de Mouriscade, María Hermida.

Esta iniciativa nas edicións anteriores rexistrou uns resultados altamente satisfactorios de participación e de coñecementos xa que supoñen unha ferramenta importante para contactar cos profesionais do sector e intercambiar información sobre as novidades na materia o que, consecuentemente, redunda nunha maior eficiencia dos traballos desenvolvidos no laboratorio. Nesta edición, asemade, abordaranse asuntos de plena actualidade que afectan ó sector como consecuencia da crise actual, informou María Hermida.

A sesión de mañá tratará sobre e o moderador será Bruno Beade da empresa AGAFAC SANOR.

O tema a tratar na sesión de tarde será e o moderador será Juan Gómez Apesteguía da Consellería de Medio Rural.

O vicepresidente, Xosé Crespo, será o encargado de abrir as xornadas o día seis de outubro ás 10 da mañá.

As Ponencias da mañá

As exposicións darán inicio ás 10.15 horas a cargo da responsable do Laboratorio de Mouriscade, María Hermida, que falará sobre .

Ás 10.30 horas tocaralle o turno a Germán Alonso da cooperativa gallego-asturiana Delagro que disertará sobre .

Seguidamente, ás 11.15 horas, o doutor Carlos de Blas, da Universidade Politécnica de Madrid falará sobre .

Despóis dunha pausa para o café César Resch da Universidade de Santiago de Compostela falará ás 12.30 horas sobre <¿Máxima produción= a máximo beneficio?>.

Rematará o turno de intervencións da mañá Mariano Gorrachategui de Ibérica de Nutrición Animal S.L. que ás 13.15 horas abordará o tema . Finalmente, terá lugar unha mesa redonda ás 13.45 horas.

Sesión de tarde

A sesión de tarde dará comezo ás 15.30 horas cunha poñencia a cargo de Francisco Javier Piquer do M. Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño sobre

Ás 16.15 horas Ángel Miranda de Os Irmandiños, a planta máis grande de Galicia de mesturas húmidas, falará sobre .

Finalmente, ás 17.15 horas desenvolverase un coloquio no que participarán os poñentes e de seguido celebrarase un acto en homenaxe a Félix de Paz que segundo explicou María Hermida “leva máis de trinta anos traballando no sector da alimentación animal ademais dun importante prestixio nacional como directivo da empresa Nutter Feed.

O Laboratorio de Mouriscade, que pertence á Deputación Provincial de Pontevedra e está situado no municipio de Lalín, comezou a súa actividade no ano 1990 e no 1993 abriu a liña de análises dos produtos destinados á alimentación animal: ensilados, pensos e materias primas. A partir de entón ó número de mostras analizadas, e os servizos ofertados, foron crecendo constantemente.