10 septiembre 2009

Show del Xacobeo en la Gran Vía madrileña, el 19 de septiembre

Pontevedra-Vigo (MORRAZO-TRIBUNA).-O Xacobeo 2010 inundará na noite do 19 de setembro a histórica rúa da Gran Vía de Madrid, arteria principal da capital, iluminando os paseos dos centos de milleiros de peóns que se achegarán aos puntos informativos sobre Galicia e o Camiño de Santiago que acompañarán esta iniciativa. O evento englóbase como contido estrela na proposta madrileña La Noche en Blanco. Por seres o Xacobeo o patrocinador de Un Camino de Luz, o espectáculo principal deste evento, a consellería de Cultura e Turismo e o Ano Santo van estar presentes nun dos acontecementos culturais máis importantes do ano da cidade de Madrid de gran transcendencia.

O director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos asistiu hoxe xunto co alcalde Madrid, Aberto Ruiz Gallardón, a delegada del Áreal de Gobierno de las Artes, Alicia Moreno, o director de La Noche en Blanco, Pablo Berástegui, o comisario invitado, Rafael Doctor, e numerosos representantes de institucións e empresas que participan neste evento á inauguración de La Noche en Blanco convocada nas Naves del Español del Matadero en Madrid. A presenza de Ignacio Santos , ven a respaldar o patrocinio prestado polo Xacobeo 2010 a Un Camino de Luz, espectáculo central imbricado na estrutura de La Noche en Blanco, e que para o director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo “impregnará a Gran Vía de Xacobeo a noite do 19 de setembro” nunha mensaxe que “chegará aos centos de milleiros de persoas que inundarán o centro de Madrid”.

Quince torres de luz
O Xacobeo instalará lonas publicitarias co seu logo en cada unha das 15 torres de luz de dez metros de altura que estarán o longo da Gran Vía madrileña e que serán visibles dende calquera punto desta rúa por onde pasarán milleiros de persoas durante a noite do 19 de Setembro. As torres situaranse no medio da beirarrúa e iluminarán a ambos os dous lados da rúa cuns focos móbiles que cambian de cor e de intensidade progresivamente seguindo unha estudada coreografía de luces. Segundo o director-xerente do Xacobeo, este despregamento conforma “unha instalación lumínica que cambiará completamente a iluminación da arteria principal da capital”, xa que “hai que ter en conta que cortarase o tráfico do centro da capital e que durante toda a noite eses centos de milleiros de persoas pasearán pola cidade para visitar as diferentes instalacións”.


Os viandantes poderán achegarse a Galicia, ao Camiño de Santiago e ao vindeiro Ano Santo 2010 mediante catro jaimas promocionais que estarán localizadas nos puntos máis transitados da Gran Vía e nas que se repartirá información sobre o Camiño e sobre o Xacobeo 2010. Os puntos informativos foron elixidos pola súa afluencia de xente e pola amplitude de espazo para recoller o máximo número de persoas posible. Alcalá, a Red de San Luis, Callao e Praza de España serán os puntos estratéxicos de confluencia de camiños.

La Noche en Blanco na Gran Vía
A exposición urbana madrileña representa un evento de caracter gratuíto promovido polo Concello de Madrid, institucións privadas e o tecido cultural da capital. O seu prato forte, “Un camino de luz”, do que o Xacobeo 2010 será protagonista, basea a súa esencia na mestura de teatro, música, luz e cine durante toda a noite do 19 de setembro e converte ao peón en protagonista. La Noche en Blanco reunirá, durante dez horas de actividade interrompida, a 300 institucións de diversa índole, regalando a obra de 397 compañías, colectivos e artistas á gran masa pública disposta a participar e deleitarse cunha noite de creación artística en tódalas súas formas de expresión.

A Gran Vía foi dende a idea embrionaria de La Noche en Blanco o eixo esencial das súas actividades artísticas. En 1910 Alfonso XII ordenou a construción dá Gran Vía de Madrid, unha obra faraónica para unir os barrios de Salamanca e Argüelles e que co tempo se converteu nunha das rúas máis orixinais e cosmopolitas da capital de España. O simple feito de pasear por ela sen preocuparse dos coches fai que os madrileños gocen da súa espectacularidade en cada edición. Este ano, ademais de cortala ao tráfico, apagarase a iluminación habitual da rúa para ser substituída por unha intervención luminosa que cambiará completamente a percepción habitual da Gran Vía.

Dirección artística
A dirección artística desta acción de La Noche en Blanco será dirixida polo Comisario invitado, Rafael Doctor e a produción levarase a cabo a través dunha colaboración entre o iluminador Óscar Vázquez e a área de iluminación do Concello de Madrid. O percorrido de Gran Vía, duns aproximadamente 1.300 metros, supón un gran reto para este equipo na tarefa de iluminala sen utilizar os habituais farois no que pretende facer do paseo unha vía máis espectacular que nunca. Unha ocasión única para os madrileños e os visitantes para pasear e fixarse un a un nas impresionantes edificacións desta rúa nun onírico ambiente.

A intervención lumínica ten previsto facer que a cor da rúa cambie gradualmente creando distintos ambientes, pasando dende as cores máis cálidas ata as máis frías. O acto, ideado polo comisario invitado de La Noche en Blanco, Rafael Doctor, pretende que os paseantes descubran unha das súas rúas emblema baixo o influxo dunha iluminación teatral e que, partindo dela, anímense a visitar cada unha das actividades e propostas artísticas que o evento ofrece.

Óscar Vázquez será o encargado de conseguir sorprender a todo os viandantes e cambiar por unha noite a Gran Vía cunha iluminación espectacular e inesperada. Óscar Vázquez xa realizara proxectos de peso con elementos de iluminación en diferentes espectáculos para o Círculo de Belas Artes de Madrid, o Festival Greenpace, o Festival SOS 4.8, ou de escenarios para grupos musicais, entre eles, os de Estrela e Enrique Morente, Sunday Drivers, ou Lagartija Nick.