21 mayo 2009

Ataque de Domínguez (BNG Vigo) al PP por el lío de los superdelegados de la Xunta

VIGO/PONTEVEDRA (MORRAZO-tribuna) .- O tenente de alcalde, Santi Domínguez, calificou como “auténtico despropósito” o que está a acontecer nos últimos días a respecto dos novos delegados territoriais da Xunta. Segundo o nacionalista, as diferentes manifestacións contradictorias dos responsables do Partido Popular sobre as competencias desta nova figura demostran que “están utilizando Vigo para resolver os seus problemas políticos internos, porque teñen un problema serio en Pontevedra, e non teñen o menor descaro para darlle a volta á tortilla as veces que faga falla”.

O nacionalista lamentou que o Partido Popular “non nos permita estar calados os 100 días de cortesía, pero non podemos estar calados mentras xogan con esa cidade”. Santi Domínguez considera que todo o proceso ao que se está asistindo nos últimos días revela que “o único que queren é ter persoal político de control e o que menos lles importa son os servizos que a Xunta ten que ofrecer á cidadanía”. Segundo asegurou, o que lle interesa é “recuperar a alcaldía de Vigo e están utilizando todos os resortes cos que contan para recuperala a calquera prezo. Por iso colocaron a Corina Porro na Autoridade Portuaria e a Lucía Molares como delegada territorial como figura de control político”.
A este respecto o tenente de alcalde dixo que Vigo descoñece a día de hoxe cal vai ser a súa relación coa administración autonómica. Quere que o presidente da Xunta aclare esa relación e que a nova delegada territorial “non sexa unha figura de control e de uso partidista que se utilice como arma política”.
Santi Domínguez afirma que “unha vez máis o Partido Popular nos remite ao que foron as súas actuacións no goberno de Manuel Fraga. Está xogando con esta cidade, coa cidade máis importante de Galiza”. Sinalou que “nunha semana acaban de demostrar as súas grandes dosis de ineficacia” e do mesmo xeito evidencian que todos os anuncios de Núñez Feijóo, Corina Porro e Lucía Molares sobre a súa aposta por Vigo “era un brindis ao sol”.
O tenente de alcalde demandou aos novos responsables da Xunta que claifiquen cal é o modelo territorial polo que apostan, porque cos episodios dos últimos días demostran que non o teñen. Tamén instou ao PP a que “se deixen de marear a perdiz” e de utilizar politicamente os cargos. Porén, reclamou que “empecen a falar dos proxectos que teñen paralizados para esta cidade” e incidiu en que á cidadanía de Vigo ó unico que quere é que se fagan as cousas que están pendentes e ter é os servizos cerca. “Vigo polo que representa necesita unha administración cercana”, precisou.