Estas obras supoñen unha inversión de máis de 1.800.000€ distribuídas en oito actuacións, seis delas consisten na humanizacións das seguintes rúas e lugares públicos: Reforma da Alameda da Guarda, creación dunha área de recreo en Fedorento, humanización da praza dos Seixiños, empedrado do camiño do Cascallar, dotación de beirarrúas na avda. de Buxán e primeira fase humanización rúa a Cal.
Outra das actuacións consiste na reforma do edificio utilizado polo Club de Remo Robaleira (antigo matadoiro) para dotalo dun novo teito e adaptar as instalacións ás necesidades reais dun club destas características.
Por último como xa informou a concellaría de Novas Tecnoloxías, estase a instalar a Rede WIFI que esperamos esté en funcionamento despois do verán.
Dende a concellaría de Vías e Obras somos conscientes das molestias que estas obras e outras, como son: a instalación de Fibra Óptica no casco da Guarda, o reforzo de liña de Fenosa ou as que en breve se van a iniciar nas rúas Diego A. González e Galicia consistentes na mellora do saneamento e abastecemento e sustitución das beirarrúas , lle están a ocasionar á cidadanía polo que, queremos aproveitar unha vez máis para pedir desculpas e asegurarlles que estamos a por todo da nosa parte para que sexan as menos posibles.