REDONDELA (MORRAZO-tribuna) .-Ao abeiro da campaña electoral ao Parlamento Europeo, o Partido Popular de Redondela organiza un xantar-mitin o vindeiro domingo 31 de maio na Casona da Torre de Cedeira. Deste xeito, os populares animan a todos os seus simpatizantes a asistir a esta xuntanza, para o cal deberán recoller a súa invitación, por valor de 25 euros, na sede do partido ata o vindeiro xoves día 28, en horario de 17.30 a 20.30 horas.
Ao xantar está previsto que acuda o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, diferentes personalidades do goberno, así como todos os concelleiros populares redondeláns. O aperitivo dará comezo ás 14.00 horas e ás 14.45 horas será o xantar.